Méndez Ferrín: «'A trabe de ouro' é das poucas revistas de cultura que editorializa»

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

ANGEL MANSO

16 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro da nova etapa de A trabe de ouro. Publicación galega de Pensamento Crítico, onte foi presentado na Coruña o número 106 desta revista que dirixe Xosé Luís Méndez Ferrín. A biblioteca de Monte Alto acolleu un acto no que estiveron presentes autores vinculados coa publicación como María Xesús Teijo, Rosa López, Francisco Fernández Rei, Xosé Luís Axeitos e Fernando de Paz, ademais do alcalde, Xulio Ferreiro.

Antes da presentación, Méndez Ferrín, director da publicación, apuntou que nesta segunda etapa «seguimos a mesma liña, con pequenos retoques no deseño». Dentro da continuidade, indicou, está «o debuxo de Pepe Carreiro» e, salientou Ferrín, «A trabe de ouro é das poucas revistas de cultura que editorializa». Neste número faino sobre o pergamño Vindel e «no capítulo de crónica analizase a cuestión catalá, sempre tocando a realidade», dixo.