A Academia Galega do Audiovisual xa ten os seus finalistas para esta edición
23 mar 2021 . Actualizado a las 12:38 h.Finalmente, haberá gala presencial o próximo día 10 de abril. A edición número XIX dos premios da Academia Galega do Audiovisual non renuncia a unha cerimonia física malia o covid-19. Este mércores, respectando as medidas de seguridade como a da distancia social, tamén, na foto de familia, o Teatro Colón da Coruña acolleu a lectura dos finalistas aos Mestre Mateo.
Uns galardóns aos que, pese ás dificultades que impuxo a pandemia nas rodaxes e estreas, se presentaron 146 traballos, só un 10 % menos que no ano 2019. Nas categorías estrela, como a de mellor serie de televisión, destaca a produción de Voz Audiovisual para RTVE, Néboa. A ficción que segue o estilo do xa recoñecido como Galician noir obtivo un total de seis nominacións. Entre elas, a de mellor intérprete feminina para Isabel Naveira, que compite con Nerea Barros (A illa das mentiras), Inma Cuesta (El desorden que dejas) e Melania Cruz (Ons) polo recoñecemento. Néboa tamén é finalista aos premios técnicos de mellor fotografía, mellor maquillaxe e perruquería, mellor vestiario e mellor dirección de arte.
Ano de illas e Netflix
Os Mestre Mateo teñen nome de illa atlántica este ano. A illa das mentiras (dirixida por Paula Cons e rodada na illa de Sálvora, recrea o naufraxio do Santa Isabel) e Ons (dirixida por Alfonso Zarauza) son as dúas ficcións que suman más candidaturas, 12 e 13 respectivamente. Ambas compiten tamén nas categorías de mellor película con Lúa vermella (Lois Patiño) e Arima (dirixida por Jaione Camborda, que tamén é coguionista de Ons).
Polo Mestre Mateo á mellor serie compiten, ademais da citada Néboa, o thriller ambientado nunha illa ficticia situada no norte de Galicia coprotagonizado por Emma Suárez é a quinta produción con máis nominacións, só por detrás de Ons (13), A ila das mentiras (12), El desorden que dejas (8) e Arima (7), a coprodución galego-portuguesa Auga Seca (Portocabo e SP-i), a segunda entrega de O sabor das margaridas (TVG, CTV e Comarex e distribuída por Netfflix) e El desorden que dejas (de Vaca Films para Netflix).
Na categoría de mellor intérprete masculino principal compiten Antonio Durán, Morris, por Ons; Darío Grandinetti, por A illa das Mentiras; Monti Castiñeiras por A lei de Santos, e Tito Asorey por Arima. No apartado televisivo, están nomeados a mellor comunicador de televisión, Alba Mancebo, Roberto Vilar, Simone Saibene e Rodrigo Vázquez. No tocante ao mellor programa, están nomeaados Cos pés na terra, Cinephilia, Os castros, e Segredos-Desmontando Galicia.
En total, presentáronse un total de 424 candidatos nesta edición. Por categorías, aspiraron a ser finalistas 28 anuncios, cinco curtametraxes de animación, 24 curtas, 12 documentais, oito longametraxes, 25 programas de televisión, sete series de televisión, cinco series web e 29 vídeoclips.