O FITO de Ourense aposta polos grupos emerxentes

La Voz OURENSE

CULTURA

Fina Calleja (directora do FITO), José Luis Troitiña (Gerente Liceo), Olga Mojón (directora Teatro Principal)
Fina Calleja (directora do FITO), José Luis Troitiña (Gerente Liceo), Olga Mojón (directora Teatro Principal) Miguel Villar

O encontro celebrarase do 12 ao 22 de outubro 

26 sep 2023 . Actualizado a las 20:43 h.

A décimo sexta edición do FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense, chegará este ano cunha aposta clara e decidida polos grupos emerxentes e pola oferta escénica galega, sen esquecer o carácter internacional do certame e a conxugación no programa de propostas de rúa e de sala.

O FITO 2023  

O actor, mago e pallaso alemán, de orixe canadiana, Dado estará en Ourense o día 18 coa súa montaxe Esperando a Dado. A compañía portuguesa Escola de Noite traerá, o día 19, Un homem no camiño e Natalia Outeiro, Pajarito, estará con Isolada. Inda Pereda clausurará o FITO con a proposta A viaxe do heroe.

O festival mantén a aposta polos novos valores coa convocatoria 67 Graos. Ourense Efervescénica, unha iniciativa que conta con cinco bolsas de creación dotadas con 300 euros.