O concello ourensán de Lobeira entra na primeira lista de lugares de interese cinematográfico da penísula ibérica

F. Ulloa OURENSE / LA VOZ

CULTURA

Fotograma de la película «O carro e o home» rodada en Lobeira
Fotograma de la película «O carro e o home» rodada en Lobeira Cedida

As academias do cine e o audiovisual que se reuniron en Ourense crearon o selo LIC para incentivar as visitas aos escenarios das rodaxes e potenciar a sua conservación

03 oct 2023 . Actualizado a las 20:50 h.

A reunión que oito academias de cine e o audiovisual da península ibérica celebraron en Ourense serviu para poñer en marcha o selo LIC, acrónimo de lugares de interese cinematográfico. Esta distinción quere recoñecer espazos singulares no mundo audiovisual por distintas razóns, entre elas, ser ubicacións moi demandadas e que acolleron unha importante produción, ou ter un valor histórico para o sector. Este último é o caso do único representante galego entre os oito integrantes desta primeira listaxe acordada polas academias: o pobo de Facós, no municipio ourensán de Lobeira. Alí rodou Antonio Román a película documental O carro e o home, unha obra na que o cineasta traballou co etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, para plasmar a vida cotiá dos agricultores galegos da época.

La casa de Xaquín Lorenzo en Facós
La casa de Xaquín Lorenzo en Facós MIGUEL VILLAR

A película documental filmouse en 1945. A rodaxe fíxose en Facós, o pobo de Xocas, sen máis equipo que eles dous e máis Carlos Serrano como asistente. O documental é considerado especialmente valioso porque, xunto con Galicia de Carlos Velo, representa o pouco que se conserva do cine galego da Segunda República. A idea do selo LIC é ser dinamizador económico destes lugares, propiciando as visitas pero tamén a conservación deses escenarios que se ven nas películas.