A obra escrita por mulleres acapara cinco das seis candidaturas dos premios Follas Novas ao mellor libro de narrativa do 2024

Gracia Novás REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

De esquerda a dereita, de arriba abaixo, Ana Varela, Marta Villar, Ledicia Costas, Rosa Aneiros, Sara Vila Alonso e Manuel Rivas, aspirantes ao premio Follas Novas á mellor obra de narrativa publicada no 2024.
De esquerda a dereita, de arriba abaixo, Ana Varela, Marta Villar, Ledicia Costas, Rosa Aneiros, Sara Vila Alonso e Manuel Rivas, aspirantes ao premio Follas Novas á mellor obra de narrativa publicada no 2024.

No ámbito da dramaturxia, todos os textos finalistas son de autoría feminina; e no medio deste poderío avasalador emerxe a triple presenza de Paula Carballeira. Os gañadores daránse a coñecer o vindeiro 26 de abril na gala de entrega no Teatro Principal de Santiago

17 ene 2025 . Actualizado a las 18:35 h.

A narrativa feita por mulleres copa catro das cinco candidaturas dos premios Follas Novas ao mellor do editado no 2024, nun certame no que ademais as autoras acaparan todas as propostas no apartado de libro de teatro. Na narrativa, unicamente Manuel Rivas logra coarse con Tras do Ceo nunha listaxe integrada por A noite das cebolas, de Rosa Aneiros; Detective Ferruchi, de Marta Villar; O incendio, de Sara Vila Alonso; Pel de cordeiro, de Ledicia Costas; e Runrún, de Ana Varela. En dramaturxia, no medio deste poderío avasalador, destaca a triple presenza de Paula Carballeira coas obras Que cabe nun calcetín?, Wombo Combo e Ubasute; que compiten con Fóra de campo, de Rosalía Fernández Rial; e Iribarne, de Esther Carrodeguas.

O certame —na súa décima edición e que organizan conxuntamente a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia— fixo unha selección de setenta títulos entre os libros publicados no 2024, dos que sairán os gañadores que se darán a coñecer o vindeiro 26 de abril na gala de entrega no Teatro Principal de Santiago. Nesta primeira fase, a escolla correu a cargo dos asociados dos tres colectivos. A partir de agora, un xurado formado por persoas de recoñecido prestixio procedentes do sector do libro elixirá as finalistas definitivas (tres por apartado) e despois as gañadoras en cada unha das trece categorías nas que se ordenan estes galardóns que atenden os campos da creación, a edición e o labor do libro, como nun balance do ano que rematou.

Na categoría de poesía, as obras seleccionadas son Dakota, de Masha Álvarez; Os ecos do vento, de Antonio García Teijeiro; Os oito mitos de Palermo, de Antonio Seijas; Os pozos elegantes das clavículas, de María Álvarez Landesa; Papaventos abismados, de Marta Dacosta; e Para non concretarme, de Tamara Andrés.

Esta é a listaxe completa das nominacións:

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

«A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega», de María Reimóndez. Edicións Xerais.

«Abril é un país», de Tereixa Constenla. Editorial Kalandraka.

«As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia», de Luísa Muñoz Abeledo. Universidade de Santiago.

«O camiño dos faros. Diario de viaxe», de Luís G. Soto. Edicións Espiral Maior.

«Os inmigrantes imaxinados. A identidade Galega na Arxentina (1780-1960)», de Xosé Manuel Núñez Seixas. Editorial Galaxia.

«Primeiro foi Galicia», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Alvarellos Editora.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

«As benfaladas», de María Xosé Porteiro. Editorial Galaxia.

«As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos», de Emma Pedreira. Baía Edicións.

«Así vou eu, formando parte. Luísa Villalta», de Eva Veiga e Pilar Pallarés. Chan da Pólvora.

«Galaicofobia», de Alexandre Peres Vigo. Editorial Galaxia.

«Realidades e horizontes da educación en Galicia» VV.AA. Coordinación de José Antonio Caride e Jesús Rodríguez. Editorial Kalandraka.

«Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela)», de Montse Fajardo. Edicións Positivas.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

«A noite das cebolas», de Rosa Aneiros. Edicións Xerais.

«Detective Ferruchi», de Marta Villar. Edicións Xerais.

«O incendio», de Sara Vila Alonso. Edicións Xerais.

«Pel de cordeiro», de Ledicia Costas. Edicións Xerais.

«Runrún», de Ana Varela. Editorial Galaxia.

«Tras do Ceo», de Manuel Rivas. Edicións Xerais.

PREMIO Á OBRA INFANTIL

«Que cabe nun calcetín?», de Paula Carballeira. Oqueleo.

«Axencia Galega de Asuntos Máxicos», de Miguel Ángel Alonso Diz. Edicións Xerais.

«Canto Cosmos. Poemas e Astronomía para case bebés», de Estíbaliz Espinosa. Edicións Embora.

«Como escorrentar un lobo», de Antonio Manuel Fraga. Cuarto de Inverno.

«Curriño, o can influencer», de Ledicia Costas. Edicións Xerais.

«Os ecos do vento», de Antonio García Teijeiro. Editorial Kalandraka.

 PREMIO Á OBRA XUVENIL

«Cartas na escuridade», de Lois Pérez. Cuarto de Inverno.

 «Fóra de campo», de Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.

 «Nave», de Olaia Sendón. Edicións Xerais de Galicia.

 «O triángulo vermello», de Carme Vidal e Pablo Iglesias. Edicións Xerais.

 «Púrpura Tero», de David Cortizo. Editorial Galaxia.

 «Quen precisa unha avoa?», de Andrea Barreira Freije. Edicións Xerais.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

«A rebelión da lectura», de Chus Rojo (ilustracións) e Fran Alonso. Cumio Editorial.

«As Illas Cíes», de Tazab (ilust.) e Xelís de Toro. El Patito Editorial.

«Luísa Villalta. Alma de violino», de Laura Suárez (ilust.), Beatriz Maceda e Eli Ríos. Edicións Xerais.

«O gran libro dos nosos mares», de Blanca Millán. Cumio Editorial.

«Papóns», de Sandra Lodi. Editorial Galaxia.

«Sete dentes de león», de David Sierra (ilust.) e Ledicia Costas. Edicións Xerais.

 PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

 «Avelaíña e o camiño á illa», de Bea Gregores. Antela Editorial.

 «Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas», de Jorge Campos. Edicións Xerais.

 «Hospitalario», de El Hematocrítico e Cynthia Hierro. Triqueta Verde.

 «Memorias dun neno labrego (novela gráfica)», de Iria Aldegunde (baseada no texto de Neira Vilas). Editorial Galaxia.

 «Miquits visita a casa da avoa», de Alba de Evan, Xabier Domínguez e Paula Cheshire. Antela Editorial.

 «Presas fáciles. Voitres», de Miguelanxo Prado. Retranca Editora.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA

«Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina». VV.AA. Tempo Galiza Editora.

«O libro das abellas». VV.AA. Apiario.

«Papagaio», de Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.

«Poesía reunida de Xosé Luís Méndez Ferrín». Edición de Anxo Angueira. Edicións Xerais.

Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Educación Concello de Santiago colaboración con Kalandraka. Kalandraka Editora.

«Unha gorxa chea de paxaros. Os Carunchos cantan a Manuel María», de Os Carunchos e Laura Romero. Edicións Xerais.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

«Cartas desde a cadea», de Rosa Luxemburg. Por Almudena Otero. Edicións Laiovento.

«Cousas pequenas coma estas», de Claire Keegan. Por Isaac Xubín. Rodolfo e Priscila.

«Diario dunha sufraxista», de Nicole Cadène. Por Xabier Ron. Edicións Laiovento.

«Heartstopper. Rapaz coñece rapaz», de Alice Oseman. Por Nee Barros. Edicións Xerais.

«Na sala dos espellos», de Liv Stromsquist. Por David Álvarez Martínez. Catro Ventos Editora.

«Os caravanistas», de Elizabeth von Arnim. Por Celia Recarey. Irmás Cartoné.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

«Dakota», de Masha Álvarez. Editorial Galaxia.

«Os ecos do vento», de Antonio García Teijeiro. Editorial Kalandraka.

«Os oito mitos de Palermo», de Antonio Seijas. Aira Editorial.

«Os pozos elegantes das clavículas», de María Álvarez Landesa. Alvarellos Editora.

«Papaventos abismados», de Marta Dacosta. Apiario.

«Para non concretarme», de Tamara Andrés. Edicións Positivas.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

«Que cabe nun calcetín?», de Paula Carballeira. Oqueleo.

«Fóra de campo», de Rosalía Fernández Rial. Editorial Galaxia.

«Iribarne», de Esther Carrodeguas. Edicións Positivas.

«Ubasute», de Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

«Wombo Combo», de Paula Carballeira. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

«A que sabe a Lúa?» (Edición grande e acartonada XL), de Michael Grejniec (traducidom por Carmen Barreiro). Editorial Kalandraka.

«Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo, underground», de Fernando Fernández Rego. Editorial Galaxia.

«Canta contos de Nadal». VV.AA. Triqueta Verde.

«O libro das abellas». VV.AA. Apiario.

«Papagaio», de Luísa Villalta e Maribel Longueira. Kalandraka Editora.

«Sempre libres e vivas», de Uqui Permui. Estudio Uqui Permui.

PREMIO Á PROMOCIÓN DA LECTURA

Centro Documentación e Recursos Feministas de Vigo

Culturgal

Espiral Maior Foro (Miguel Anxo Fernán-Vello)

Libraría Cartabón Vigo

Libraría Nobel Ourense

Manuel Xestoso