
A xunta de portavoces do Parlamento autónomo fixou por unanimidade o texto que regulará o funcionamento da institución que rexerá este simbólico espazo
19 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A xunta de portavoces do Parlamento autonómico —reunida este martes en Compostela— acordou o contido definitivo do texto que regula os usos e melloras do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres. A decisión foi tomada por unanimidade nun órgano no que están representados todos os partidos con presenza na Cámara: PP, BNG, PSdeG-PSOE e Democracia Ourensana.
Superado un longo proceso —desde que a finais da pasada lexislatura se aprobou a moi demandada social e politicamente Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres—, estes estatutos fixarán, ademais, as condicións do papel que desempeñará cada unha das entidades que integran o padroado da fundación. É dicir, isto supón a posta en funcionamento da futura Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, entidade que estará liderada polo Parlamento de Galicia e que contará coa participación do Executivo autonómico, o Concello de Santiago e a Arquidiocese de Compostela.
Tras isto, os pasos a dar para avanzar na constitución da fundación teñen que ver co económico: cada unha das catro institucións achegará a súa cota do capital inicial, establecido en 30.000 euros. Despois celebrarase un acto solemne de firma pública.