Mondoñedo presenta unha ruta virtual con sete fitos do decurso vital de Cunqueiro
CULTURA

Trátase dunha experiencia dixital inmersiva que percorre lugares da vila conectados coas obras publicadas en castelán pola firma que dirixe Jesús Blázquez, Ediciones 98
16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Mondoñedo presenta este sábado, polas Letras, ás 20.00 horas, na casa museo Álvaro Cunqueiro, a ruta literaria virtual impulsada polo selo madrileño Ediciones 98. Trátase dunha experiencia dixital inmersiva que percorre sete fitos da vila conectados co decurso vital de Cunqueiro (1911-1981) e as obras publicadas en castelán pola firma que dirixe Jesús Blázquez: Merlín y familia, La taberna de Galiana, Escuela de curanderos y fábula de varia gente, Las crónicas del sochantre, Los otros feriantes y Gente de aquí y acullá. Acompañado de Aurora Moirón —curmá de Cunqueiro que conviviu con el nos anos en que escribiu Merlín e familia, no mesmo lugar que hoxe ocupa a casa museo— e Manuel Otero, alcalde mindoniense, o editor ofrecerá tamén unha achega á figura do autor tanto no referente á súa produción literaria coma a súa face máis persoal.