Luis Calvo, director da clínica Vitaldent de Carballo, avoga por apoiar o deporte
18 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Pese a formar parte dunha multinacional con máis de 400 establecementos repartidos por varios países, a clínica Vitaldent de Carballo, aberta hai sete anos e cunha carteira de 8.000 pacientes, vive moi pegada á actualidade da capital bergantiñá e colabora en diversas actividades deportivas. O seu director, Luis Calvo Maroñas (Santa Comba, 1981), destaca a boa acollida que teñen este tipo de propostas e explica que resultan moi gratificantes: «Estaslle devolvendo á xente parte do que eles che dan a ti».
-¿Como acaba unha clínica dental colaborando cun equipo de fútbol?
-Imos facer sete anos aquí en Carballo e consideramos que xa que somos o número un en odontoloxía, tamén debemos selo en aspectos sociais, en responsabilidade social, e parécenos que unha boa maneira de colaborar con todo o pobo de Carballo é axudar na medida das nosas posibilidades a unha institución como é o club de fútbol Bergantiños, que move a moita xente.
-¿Participan en máis accións no eido deportivo?
-Si, aínda agora no mes de setembro, estivemos participando e patrocinando no Dirt Track.
-¿Resultan proveitosas estas colaboracións?
-A verdade é que si. É algo que te enche porque colaboras e estaslle devolvendo á xente parte do que eles che dan a ti. É algo que eles valoran.
-¿Como é a resposta dos clientes?
-A xente quédase con estas accións e despois coméntacho. Agradéceno tanto os pais que teñen nenos no fútbol ou na natación, posto que tamén colaboramos co club deportivo Fogar.
-¿Cal é a implantación de Vitaldent en Carballo?
-Nestes sete anos que imos cumprir temos un carteira de pacientes de máis de 8.000 persoas satisfeitas, así que debe ser que algo estamos facendo ben. Agora pregúntaslle á xente que vén por primeira vez e dinche que veñen por un parente ou por un amigo.
luis calvo director da clínica vitaldent