14 may 2014 . Actualizado a las 06:54 h.
O Cambados Tenis de Mesa completou a pasada fin de semana o Campionato Galego de Clubs, no que exercía como anfitrión, con media ducia de medallas.
Jorge Gambra e Fernando Padín revalidaron o título no dobres masculino, con Adrián Vidal e Martín Regueiro bronce. Padín e a xogadora do Arteal Santiago Raquel Bonilla foron subcampións no dobres mixto. Gambra e Adrián Vidal finalizaron con sendos bronces no cadro individual, idéntico posto ao colleitado por equipos polo E. Otero.