Fútbol con ADN da terra en A Gándara coa finalísima da Copa Ferrol: «É unha festa»

DEPORTES

O Val aspira este sábado a revalidar título en categoría masculina e feminina fronte ao Galicia de Mugardos e o Perlío nunha auténtica festa do deporte rei
16 may 2025 . Actualizado a las 17:08 h.Soan tambores de finalísima en A Gándara. O último asalto da Copa Ferrol ofrecerá este sábado unha auténtica xornada de fútbol de carne e óso con ADN da terra, tanto en categoría feminina coma masculina.
O Val aspira a erixirse coma rei de copas da comarca ao comparecer por partida dobre. O telón o levantará o enfrontamento feminino entre o Perlío e O Val, que comezará ás 12.00 horas. O acceso será libre e gratuíto.
Xa pola tarde, a partires das 19.00 horas, será a quenda do Val e o Galicia de Mugardos en categoría masculina. O prezo da entrada é de cinco euros. Neste caso, o partido está marcado polo recente descenso dos mugardeses e a incógnita sobre si os de Sinde, que amarraron a permanencia na derradeira xornada tras unha segunda volta de récord, perderán finalmente a categoría de Preferente nos despachos por unha reclamación.
Porén, deixando a un lado a cuestión ligueira, este título esperta gran ambición por parte de ámbolos dous combinados. Así o destaca o segundo adestrador de O Val Álvaro Segura Quillo. «Á marxe do que ocorra na liga, o traballo está feito. Foi unha semana na que o equipo deixou atrás un lastre importantísimo e o desgaste físico e pouco. Sempre é bonito estar neste once e nós temos a sorte de vivir esta final có feminino, é un éxito de club que ambos poidamos gozar por segundo ano dunha final de Copa», indica. «É un derbi comarcal, xa tivemos esa loita polo descenso e agora volvemos a coincidir en Copa. A final ten todos os ingredientes para que eles estean súper motivados», sinala sobre un Galicia de Mugardos que buscará lamberse as feridas dos descenso, limitado de efectivos segundo subliña o seu presidente Brath Miraz.
? ?????? ?? ???? ?? ?????? ?
?? O campo de A Gándara acolle este sábado 17 de maio a final feminina e masculina da Copa de Ferrol
?? @ccrdperlio ? @sdovaldenaron
?? @GaliciaMugardos ? @sdovaldenaron
? https://t.co/QVx3bLoyvz pic.twitter.com/yjhC1dYyGF— RFGF (@futgal) May 13, 2025
«É certo que o pau do descenso é gordo. Non é algo que estivera nos nosos plans, pero o fútbol dáse así. O grupo está triste, pero están enchufados para a final. O que si é que chegamos limitados polas lesións, algunha sanción e a imposibilidade das catro fichaxes de inverno para xogar por regulamento», explica. Ademais, indica, non cre que a falta de certezas do Val sobre o mantemento da categoría vaia a pesar: «Non creo que a nivel de vestiario e corpo técnico afecte».
Avanza que os seus estarán máis que arroupados pola que é, subliña, «única en toda a comarca». Por iso, adianta, está prevista a mobilización de dous autocares cheos desde A Pedreira.
Segunda edición de moitas
Tamén será máis que especial a segunda final feminina da Copa Ferrol. Unha reivindicación que atendeu o delegado territorial da Federación Abraham Yáñez e que nesta segunda andaina enfrontará ao Val, flamante ascendido a Terceira RFEF, fronte a un Perlío que milita na Terceira categoría autonómica. Un salto que non evita que o combinado fenés encare a cita con ilusión e que desde o cadro valexo sexan cautelosos, segundo asevera o seu delegado Marcos Casal: «Levamos falando disto toda a semana porque na finais non hai favoritos e pódese escapar en calquera momento», sinala. Agardan no vestiario e no club poñerlle o broche a un curso impecable antes de comezar a traballar no salto de categoría. «Xa dicíamos que praia imos ter pouca e ogallá tinguir a grada de vermello e que desfutemos todos», apunta Marcos.
O presidente do Perlío José Augusto Borreiros, pola súa banda, destaca que poder formar parte desta «festa do fútbol afeccionado» é «todo un premio e un orgullo para elas, que acadaron a final e xogarán cun equipo de superior categoría no mellor campo para poder gozar deste tipo de eventos».