
Enfrontarase hoxe ao Zaragoza para afianzar as súas opcións de estar en División de Honra Prata a próxima tempada
16 may 2025 . Actualizado a las 22:39 h.O Attica21 Hotels OAR A Coruña conseguiu onte a súa primeira vitoria na fase de ascenso á División de Honra Prata masculina despois de protagonizar unha meritoria remontada ante o Sant Joan (29-28).
O conxunto coruñés atopábase con cinco puntos de desvantaxe ao descanso, e inclusive chegou a perder 20-25 a falta de pouco máis de dez minutos. Porén, o OAR non se rendiu e acadou a remonta. Hoxe (20.30 horas, YouTube RFEBM) os herculinos mídense ao Zaragoza no segundo partido da fase.