Xornada crucial en Esteiro para aspiracións «play off» do Valdetires

La Voz FERROL

DEPORTES

JOSE PARDO

As de Lombardía, que veñen de caer derrotadas, reciben a un Bembrive, que é segundo, na penúltima xornada de fase regular antes de pechar a competición ante o líder lonxe de Ferrol

16 may 2025 . Actualizado a las 14:16 h.

O Valdetires disputa este sábado no pavillón de Esteiro (17.00 horas, RFEF TV) un partido chave nas súas aspiracións polo play off de ascenso a Primeira. As de Lombardía, que son cuartas, miden forzas cun Bembrive que pelexa o liderado co Gaiteiro Rodiles cun solo punto de diferenza a falta de dúas xornadas para o peche da liga regular.

A promoción, que xogan os catro primeiros clasificados, sigue aberta. O Alcorcón está a tan só catro puntos de distancia do cadro ferrolán, que ten un calendario mortal nesta recta final de campionato. As de Lombardía concluirán a competición en casa do líder e, polo tanto, facer valer o factor Esteiro para sumar de tres ante o Bembrive é crucial nas súas aspiracións. O seu perseguidor máis directo, o Alcorcón, recibe como local ao Atlético Navalcarnero que é duodécimo e podería poñerse, en caso de que as de Lombardía non sumen, a só un punto.

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Valdetires Ferrol FSF (@valdetiresfsf)

Desde o club fan un chamamento aos seguidores do fútbol sala na comarca para que acudan ao polideportivo e exerzan de sexta xogadora: «Contamos con vós para chear as gradas», destacan.