A canteira masculina do Portadeza vence nos seus respectivos partidos de Liga e as rapazas de Carbón perden

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

28 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A canteira do Portadeza sumou a pasada fin de semana tres victorias e dúas derrotas na Liga. As primeiras, dos conxuntos masculinos, e as segundas, dos femininos. O equipo xuvenil masculino gañou con claridade e a domicilio a un dos seu rivais máis febles no Grupo II, o Cangas B, por 16 goles a 28. Luis foi o máximo anotador roxinegro, con 10 tantos. Taboada, Rubén (3 goles), Alberto (2), Porto (3), Roberto Álvarez (4), Pablo, Alexandre, Jesús (3), José (3), Miguel e Alberto Mouriño completaron a participación lalinense no encontro. O cadro cadete masculino de segundo ano desfíxose do Novás no Rosal 13-19. O cansancio da longa viaxe pasoulles factura nun primeiro momento ós pupilos de Pedreira, que tardaron en entrar no partido e facerse co mando do choque (6-8 ó descanso). Na segunda parte, pola contra, non houbo máis cor cá roxinegra. Nico (3 goles), Efrén, Álex (3), Borja (10), Alfredo (2), Adrián (1) e Alberto conformaron o sete titular, apoiados desde o banquiño por Sito, Javier, Christian, Diego e Ignacio. O cadete masculino de primeiro ano aplastou en Lalín ó Octavio B, 30-8, nun encontro sen moita historia. Bruno, con sete tantos, foi o máximo goleador dezao. Tamén xogaron Cacheda, Santi, Julián, Adrián, Hugo, Iago -sete titular-, Romero, Surribas, Reboredo, Bibián e Rubén. As xuvenís de David Carbón caeron na casa fronte a un dos cadros máis fortes da súa Liga, o Lavadores, por un meridiano 4-21. Sandra anotou os goles do seu equipo. As cadetes, pola súa parte, perderon, tamén en Lalín, co Carballal 13-22. Despois de chegar ó minuto 15 cun 6-2 a favor, as roxinegras atascáronse ante a defensa en 5-1 coa que respostou o seu rival.