RASTRO DE AIRE | O |
03 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.NON SEI quen é o demo, pero o tempo sí que enreda as cousas. En marzo o alcalde de Lalín pideu ideas para que as feiras mensuais foran outra cousa, so cabe ir a mellor, claro. O asunto foise enredando. Estou por asegurar que non podía ser doutra maneira cando concorren Unións Agrarias, Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores, e Centro Comercial Urbano e Forum Urbano, e a capacidade directora do Concello. Tranquilidade na mesa, todos xuntos, pero revoltura despois, todos separados o tratar de apadriñar algo. Protagonismos. Conflúe ademais a historia recente algo envelenada no espazo sindical, o antecedente da Feira Sustentable (que xa ten homenaxeado Pepe Iglesias polo SLG, por se fora pouco). Os tempos marcados polo Concello fóronse dilatando e empezan agravios e agraviados. Pon algo de lume o SLG, pero xa estaba posto tamén no modelo de feira (Santalla dixera que incluso poderían entrar produtos ecolóxicos, unha puntada vamos a idea base do SLG). Onte o Concello cambiou o terzo. Separa feira sustentable de feiras mensuais, aplaude a presteza do SLG, di que outros son máis lentos e pide calma. Creo que máis que apagar lumen púxolle máis aire.