Asegura que a forza dos concellos é a forza do PP, que as mocións de censura non obedecen a ningunha estratexia global, pero non descarta máis na provincia
22 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Rafael Louzán, de 41 anos, afronta como candidato único a súa revalidación como presidente provincial do PP, nun congreso que aparcará a históricos como Xesús Palmou, Enrique López Veiga e Xesús Pérez Varela e do que sairá unha renovación do 50% das caras.
-Será o congreso de...
-É o décimoquinto congreso xa de Pontevedra. A idea é a forza dos concellos, que é a base fundamental do partido en Pontevedra. Eu sempre manifestei que o pilar básico deste partido é a estructura municipal Está enfocado cara unhas próximas eleccións municipais, que están a un ano e medio vista, pero que estamos planificando con tempo, por primeira vez. Sei que nalgunha ocasión temos ido un pouco contrarreloxio. Nesta ocasión vamos con tempo dabondo para facer as cousas ben e elexir aos mellores candidatos.
-Cun candidato único á presidencia, ¿cara onde irá o debate?
-Para a saúde democrática de calquera partido é fundamental por en marcha períodos de debate, e falaremos dos problemas da xente. Vai ser un debate aberto a moitas persoas e vai haber unha incorporación ampla de moitas persoas. Calculo que dun 50%. É certo que vai haber xente que estaba aí e que xa non vai estar: caso de Palmou, caso de Enrique López Veiga, caso de Xesús Pérez Varela. Vai haber cambios de personas que estaban na executiva como alcaldes e que o van deixar. Vamos incorporar personas novas. Vai haber algunhas caras de sorpresa. Afiliados que non tiñan ningún cargo e que van estar nalgún posto moi destacado do partido.
-¿As candidaturas estarán pechadas en seis meses?
-Hai que lograr un resultado histórico. ¿Como se consegue? Temos que superar o listón de 45 gobernos municipais, que tivemos na etapa 2003-2007. Este é o reto. Necesitamos máis esforzo, máis dedicación para lograr os mellores candidatos posibles.
-¿Como vai afectar isto nas candidaturas das cabezas urbanas das Rías Baixas: Vigo, Pontevedra e Vilagarcía?
-En Vigo non hai ningún debate. No caso de Vigo e Pontevedra os candidatos están claros. Hai que ter un escrupuloso respeto polas decisións que toman os órganos de partido. No caso de Vigo e Pontevedra teñen contrastada a súa valía. Corina [Porro] acaba de ser alcaldesa. No caso de Telmo Martín, tamén. Non o fixo en Pontevedra, pero si en Sanxenxo. E aí está para ver.
-¿E no caso de Vilagarcía?
-Eu teño que dicir que o Partido Popular aí tendrá que tomar unha decisión. No caso de Tomás [Fole] non tivo alí ningunha responsabilidad de goberno. El, téñoo que dicir, forma aquí equipo conmigo en Pontevedra. Pero é un tema que aínda non se tocou. Porque aínda falta un tempo prudencial. Cando toque se decidirá. Neste sentido eu estou contento co traballo que se está levando a cabo. Deben decidir coa opinión propia desde alí, desde Vilagarcía.
-No 2007 o PP só baixou en votos no partido xudicial de Vigo en Gondomar. Mos perdeuse por corenta votos. Todo elo ademáis nun contexto no que a Deputación bailaba por unha marxe de case cen votos. ¿As mocións de censura responden a unha estratexa de partido ou de gobenabilidade da Deputación?
-Hai xente que non sabe como se logra unha composición dun goberno de ámbito provincial. Ten dito o PSOE unha manifestación incrible. No caso de Deza se elixe só un diputado provincial. Agora, nese partido xudicial, gobernamos de seis, en catro concellos. E creo que vamos gobernar nos seis. Pero aínda que non fora así o PSOE non ten ningunha posibilidade no Deza. No que é o caso de Valmiñor, que está no partido xudicial de Vigo, alí elíxense once diputados. O PP ten un excepcional resultado en Baiona, igual en Gondomar. Agora estamos nesas circunstancias de todos coñecida. En Gondomar gañaremos presentemos a quen presentemos. Igual que en Nigrán. Non obedece a ningún tipo de estratexia. No caso de Mos... pois será unha decisión que terá que tomar o PP. ¿E van formar parte dunha futura candidatura? Agora o Partido Popular non pode dicir eso. O que si está claro é que o partido cumpliu sempre co pacto antitransfuguismo. E cumplirá, porque esto non quita que poida haber algún caso máis. Pero non vou abrir agora aquí este debate, se non vamos estar todos os días a espectativa.
-No transfuguismo... ¿feita a lei, feita a trampa?
-Si, si, si estou completamente convencido. Se os dous grandes partidos queren, acábase este problema. Pero tamén hai que ir a un cambio da lei electoral. Quen gañe, que goberne.
-Fanse congresos para falar dos problemas da xente e acábase falando dos problemas dos partidos. Especialmente da corrupción.
-A verdade é que é unha cuestión que a min me gustaría que non sucedera en ningún partido. Para a saúde democrática non é unha boa imaxe. Pero utilízase demasiado a míudo e fácil o recurso dos imputados que despois non acaban condenados. Moitos casos acaban resultando inocentes, pero xa están condenados mediaticamente. O outro día pedíase a dimisión do alcalde de Portas. Pero logo o propio Pepe Blanco pedía o respeto á presunción de inocencia para o alcalde de Castro de Rei, do PSOE. A Xusticia ten que actuar de maneira decidida contra a corrupción para poder borrar este tema da vida política.