O BNG lembra a Chus Iglesias o día 4, no décimo aniversario da súa morte

lalín / la voz

DEZA

02 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O BNG de Lalín celebra o sábado, día 4, un acto aberto para conmemorar o décimo aniversario do pasamento de Chus Iglesias Rodríguez, militante do Bloque dende 1982 e concelleira en Lalín de decembro de 1998 ao 5 de maio de 2003, data na que falecía no día que cumpría 46 anos. Os actos, que conducirá Xesús Cordeiro, serán xunto ao parque infantil do Regueiriño. Incluirán a prantación dunha árbore ao son da marcha do Antergo Reino de Galicia, con intervencións de Susana Rodríguez Cambón ?amiga íntima de Chus Iglesias?, o seu irmán Luchi Iglesias, e Bieito Lobeira, que foi deputado encargado de Deza nos anos que ela foi concelleira e co que coincidiu no comité de zona da UPG. Haberá música de gaitas e de violín, neste caso a cargo de Helena Santalla Fernández.