Caraveles para as promesas da microliteratura

M Garabantes

DEZA

miguel souto

10 jun 2014 . Actualizado a las 15:23 h.

1A Estrada celebrou onte a primeira edición dunha festa nova. Sin orquesta nin degustación gastronómica. Sin premios en metálico tampouco. Foi unha festa feita de palabras, que son de balde pero poden ter máis valor ca un billete dos grandes. Como o tiñan neste caso. Porque non eran unhas palabras calquera. Eran as que escolleron medio cento de alumnos dos centros escolares do Concello para crear os micropoemas e microrrelatos en galego que resultaron gañadores no concurso convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros. Hoxe en día xa ten mérito motivar á mocidade para que invirta o seu tempo de ocio en prácticas alternativas á televisión, ás consolas e ó whattsapp. Pero hai quen o consegue. O mesmo mérito ten que os dez centros de ensino de educación infantil, primaria e secundaria do concello se poñan dacordo para coordinar algo. Esta é a primeira vez que o fan, pero vistos os resultados, é máis que probable que sigan nese camiño. As novas promesas da microliteratura local subiron onte ó escenario do Principal para recoller un caravel, un lote de libros e un pechado aplauso do público que encheu o teatro. Pero o mellor premio aínda está por vir. Será a publicación cara final de ano dun volume que recollerá as súas pezas literarias.

Nanocontos de Raquel Queizás para os cativos da escola infantil

2Para darlle ás á imaxinación e á creatividade, o mellor é incentivalas desde o berce. Neso andan os cativos da escola infantil municipal da Estrada. Os de 1 a 3 años asistiron onte no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (Mome) ó espectáculo Nanocontos, ideado e protagonizado pola artista Raquel Queizás. Os pequenos -acompañados por familiares e mestres- seguiron atentos as aventuras da rá Nano, que lles axudou a repasar cores e conceptos dun xeito divertido. O espectáculo rematou cun baile colectivo.

Lección de cociña inglesa no colexio de Soutelo de Montes

3Se na Estrada se impoñían onte a literatura e o teatro infantil, no colexio de Soutelo a cociña internacional voltou ser a protagonista. Os rapaces de sexto curso axudaron ó chef Rubén García a preparar as apple pie (tartas de mazá típicas inglesas) que hoxe servirán de postre na xornada gastronómica dedicada a Inglaterra, que será a última do curso. Antes do postre, os usuarios do comedor degustarán Xoubiñas & chips e Raxo Wellington.

Os veciños de Ouzande retan á choiva na súa excursión anual

4A asociación A Fervenza de Ouzande celebrou o domingo a súa excursión anual. O tempo non acompañou durante a mañá, pero os veciños cumpliron co programa completo. Visitaron o Museo Massó de Bueu, o mirador de Donón en Cangas, a antiga fábrica de conservas Massó en Cangas, o mirador de Monte Carrasco e Cabo Udra, en Bueu.

Exposición de Ángel Lemos no Casino

5Tamén o domingo, o Recreo Cultural da Estrada ofreceu unha oportunidade única de coñecer o legado do pintor Ángel Lemos de los Reyes. Una mostra efímera amosou a obra do xenial artista conservada pola súa familia.