«Eu non podo comela, dáme acidez, pero cómo non vou valorala. É mítica en Galicia»

P. V. LALÍN / LA VOZ

DEZA

«Teño vido a andar desde Compostela, A Bandeira é moito Bandeira», di, e asegura traer «un pregón marabilloso»

23 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Actor en todas as frentes da escena e monologuista, Luis Zahera acude hoxe á Bandeira a pregoar a 40ª edición da Festa da Empanada. No ano 2000, nesta festa gastronómica de referencia galega, deron o pregón as personaxes de Mareas Vivas Petróleo e Ladislao. Este ano volve Petróleo pero con nome propio: Luis Zahera... ¿acabaríase Petróleo?

-Como xa fun daquela como Petróleo... a verdade é que vou como Luis Zahera porque pasou o tempo de Petróleo. Téñolle moito cariño á Bandeira e prefiro ir como Luis Zahera, pero eu sempre digo que Ferrandis morreu como Chanquete e eu morrerei como Petróleo. Fíxome moita ilusión que me chamaran porque hai moitos anos que non me chaman para un pregón.

-Pasaron ilustres pregoeiros pola Empanada pero só vostede repite, ¿cal é o segredo?

-Non o podo dicir... bueno, non o puido facer Teté Delgado e chamoume a min e díxome que lle fixera este favor... (Zahera ironiza)

-Teté Delgado pregoou o ano pasado... (sigo o xogo)

-Ah! Entón é unha honra absoluta repetir.

-Ten conexión histórica coa zona: cine, monólogos... ¿que recorda?

-Cos Boys Scouts íamos moitísimo á Bandeira, ao mosteiro de Carboeiro e a apañar cogomelos. Faciamos a ruta das igrexas románicas. Teño ido a andar dende Compostela. A Bandeira é moito A Bandeira. Por traballo, por suposto, porque a zona sempre pilla no medio e medio.

-¿É a súa conexión coa empanada?

-Só a do pregón con Ladislao.

-Pero a empanada gústalle...

-Non, repíteme. Podo comer pedras pero a empanada... A empanada téñoa eu, xa sabes, a expresión qué empanada tés ¿non se di por aí?. Non podo comer empanada, dáme acidez.

-Pero ¿valóraa?

-!Home claro, coño! Cómo non a vou valora. É mítica en Galicia, é a nosa pizza, a pizza de aquí é a empanada.

-¿Estará cos máis de dez mil comedores de empanada que se xuntan hoxe na Bandeira?

-Síntoo ben, non podo quedar. Veño e marcho porque estou rodando unha película na Coruña.

-Póñalle os dentes largos aos que non veñan á festa...

-Que veña quen queira pero recoméndolle a todo o mundo que veña.

-Qué mensaxe vai mandar no pregón?

-Iso non o digo. Iso é un segredo, non se pode falar do pregón. Iso si, preparei un pregón marabilloso, e punto pelota.

-Pero pode dicirme ¿con qué cara subirá ao estrado esta tarde?, ¿Coa amable do carteiro de Luar, coa retranqueira de Petróleo en Mareas Vivas ou coa de frialdade de Aníbal na serie de Matalobos?

-Creo que teño cara de chungo, de mala persoa. Di que penso eso... pero non é tan mala xente. Sempre me din de coña as miñas irmáns que teño cara de chungo, de envelenado.

-¿A qué teñen que estar atentos os da Bandeira e os dezanos no traballo que está facendo?

-A un par de películas. Estou rodando con Dani de la Torre: El descoñecido de Produccións Vaca Films e con Ficción Produccións El códice calixtino, miniserie de dous capítulos que dirixe Jorge Casinello.

festas de a bandeira