Alberto Lareo opta ao Premio Cocinero Revelación Madrid Fusión 2016

amelia ferreiroa

DEZA

Alberto Lareo aposta polos produtos de tempada
Alberto Lareo aposta polos produtos de tempada . m. souto< / span>

O chef cruceño do Manso Restaurante de Compostela compite polo galardón con outros cinco profesionais

24 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Madrid Fusión 2016??Do 25 ao 27 de xaneiro?? Xa se coñece o nome dos seis candidatos que optan a facerse co Premio Cocinero Revelación Madrid Fusión 2016, un galardón que ven a recoñecer o traballo e a traxectoria levada a cabo nun restaurante ao longo dos últimos doce meses, e ao que opta o cociñeiro cruceño Alberto Lareo.

O Premio Cocinero Revelación Madrid Fusión, que se otorga de xeito anual, alcanza a súa décimo cuarta edición e entregarase no marco da que se considera a cumbre mundial da gastronomía que se celebrará na capital de España entre o 25 e o 27 deste mes. O gañador do prestixioso galardón darase a coñecer o vindeiro martes e na terna voltan a posicionarse seis cociñeiros españois, que foron selecciondados como candidatos e poden acadar dentro de poucos días un galardón que favorecerá a súa carreira profesional. Lembrar que algún chef que na actualidade é un referente na cociña española recibiu dita distinción; aí están Jaime Tejedor, Iago Castrillón, Carmelo Bosque, Jesús Segura, Vicente Patiño, Rodrigo de la Calle e o polifacético e mesmo televisivo David Muñoz.

Un xurado de especialistas e críticos gastronómicos de toda España serán os encargados de avaliar a traxectoria e o traballo dos seis cociñeiros que están nominados ao galardón. O único representante galego Alberto Lareo, que antes de estar en Manso Restaurante traballou con profesionais da talla de Eneko Atxa, Marcelo Tejedor e Jean François Piège, compite coa barcelonesa Anna Merino do Mont Bar, Ricardo Tomiño (La Fábrica de Burgos), María José Martínez (Lienzo de Valencia), Javi Estévez (La Tasquería de Madrid) e Txema Llamosas (Casa Garras en Vizcaia).