![](https://img.lavdg.com/sc/76zT77KbdMb6eUtmzRW-B4_02IA=/480x/2016/07/26/0012_201607DL26C4F1jpg/Foto/DL26C4F1.jpg)
O estradense asinou como novo membro da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros
26 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O estradense Orlando Villamayor asinou a pasada fin de semana como novo irmandiño da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (Irgade). Foi nun acto celebrado no Hostal del Reis Católicos, en Santiago de Compostela, onde se recoñecía a etiquetaxe da súa sidra, Torres de Moreda-A Sobreira, en galego. Villamayor lembraba o esforzo do seu avó como industrial estradense, para fundar primeiro a fábrica de queixos El Labrador Estradense, e máis tarde facer plantacións da mazá Rabiosa de Callobre para elaborar sidra natural, labor na que segue a familia na actualidade. Na imaxe, Villamayor con Xoán Bascuas ?secretario xeral de CxG?; Xosé Carballido ?coordinador xeral de Irgade?; a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; Manoel Vello ?secretario de organización de CxG? e Román Carballido.