![](https://img.lavdg.com/sc/QzEnpVkykTF-k1RIks07qyl6u5A=/480x/2019/03/25/00121553540882193725183/Foto/DM26C4F2_20554.jpg)
O colectivo Recycling activa unha campaña de recadación de fondos para trasladar bicis a África
26 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Unha bicicleta é máis que algo meramente lúdico e nalgúns países é un ben prezado, difícil de conseguir, para ir a traballar ou á escola. Darlle unha segunda vida útil ás bicis é o que motivou a posta en marcha da Asociación Recycling en Lalín. Colectivo que comanda José Luis Pereira, xunto a súa muller e un grupo de amigos, e que reuniu 250 velocípedos cuxa meta céntrase agora no desprazamento do material ata África.
-Activan unha campaña para recadar fondos que consiste no sorteo dun lote de produtos.
-«Súbete ao carro da solidariedade», é unha gran cesta valorada nuns 2.000 euros; na que van 60 botellas de viño Mencía e Albariño, 15 queixos das firmas Anzuxao e Hoxe, 6 xamóns de Embutidos Lalinense e chourizos, cervexa de Estrella Galicia e fariña do Muíño de Cuíña. Físicamente non é unha cesta que poida estar exposta nun sitio determinado, ao tratarse de produtos con caducidade, pero entregarase completa a quen posúa os catro últimos números do sorteo da Once que se celebre a finais de maio.
-Como será a dinámica de participación?
-A partires desta semana, probablemente dende o xoves, haberá cartóns a disposición dos interesados en distintos establecementos da zona como La Robleda en Vilatuxe, Asorey y Manhattan en Lalín e Trujillo en Silleda, nos que por 2 euros se poderán xogar catro números diferentes. Aqueles locais que queiran colaborar con nós e ter algún cartón para esta finalidade solidaria só teñen que contactar con nós e llelo entregaremos.
-A totalidade do recadado irá para a viaxe?
-Todo se empregará en financiar o desprazamento das bicicletas ata África para alí facer entrega das mesmas a quenes realmente as precisan. Se sobra algo, que espero que así sexa, irá para outra finalidade solidaria como pode ser axudar á compra de libros para cativos de aquí ou outras iniciativas destas características.
-Que data barallan para viaxar?
-Queremos viaxar a Marrocos o 22, 23 de xuño e intentaremos que poidan acompañarnos algunhas persoas, dispostas a sufragar os seus propios gastos, para ver o proxecto in situ. Para o ano próximo queremos prantexar unha doazón de bicicletas, a modo de cesión, entre aqueles que as precisen pero dentro da nosa comunidade xa que tamén hai necesidades.