A Fundación Neira Vilas convoca o Premio Arume de Poesía para a Infancia

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

01 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Neira Vilas convocou a terceira edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, que conta cunha dotación de 1.000 euros e a publicación da obra gañadora. O 3 de novembro, Día de Neira Vilas e da Lectura, remata o prazo para a recepción de orixinais, de temática libre e acaída para un público infantil e xuvenil.

As obras que opten ao premio da fundación cruceña deben ter unha extensión mínima de 350 versos e poderán conformar un só poema ou un grupo de eles. A entrega do premio terá lugar o día 15 de decembro. Os orixinais ten que ser en lingua galega, inéditos e presentados por autores maiores de idade. Deben presentarse ao concurso baixo lema e sen ningún dato que identifique a autoría. Non poden concorrer os gañadores das tres convocatorias anteriores e as obras deben enviarse nun sobre pechado á sede da Fundación Neira Vilas en Gres.

Na anterior edición do certame gañou o poemario Os versos de Mariola de Antón Cortizas. Nesta ocasión de novo a fundación convoca o concurso xunto a Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, e co patrocinio de Deleite. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o considere e a decisión será inapelable.