Presentación de «Abril é un país» no Mome con Tereixa Constenla

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

11 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Mome da Estrada acolle o venres a partires das 20.00 horas a presentación da obra Abril é un país, de Tereixa Constenla, e publicada por Kalandraka. Un ensaio da xornalista estradense que vai pola segunda edición e conmemora o cincuenta aniversario da Revolución dos caraveis. Neste encontro a autora conversará coa cantante Uxía sobre este episodio tan relevante na historia do país veciño, co que a cantante tamén ten unha relación moi estreita.