27 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte o reparto de 150.000 euros entre 35 concellos da provincia para que poidan realizar actividades de dinamización lingüística. En Deza e Tabeirós-Terra de Montes hai achegas para catro concellos e a maior cantidade vai para A Estrada, con 11.314 euros, para premios literarios, xornalísticos e de dinamización lingüística. Pola súa banda, Cerdedo-Cotobade obtén unha subvención de 3.811 euros para un programa en galego, con 1.089 para Vila de Cruces e o espectáculo literario Máis saaabor!. Por último, Dozón logra 459 euros para actividades polo Día das Letras Galegas.