Presentou en Lalín o Plan Arqueolóxico no que se invisten este año 551.000 euros en 32 xacementos de 30 concellos, 4 deles en Pontevedra
06 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O conselleiro de Cultura, José López Campos, realizou onte pola mañá unha visita a escavación do Castro de Doade e aproveitou para por en valor os resultados obtidos nas derradeiras dez campañas realizadas destacando o apoio recibido por a agrupacións de Amigos da Casa do Patrón. Nese senso puxo de exemplo de «xente que quere apoiar e colaborar» a Manuel Blanco «que pon cartos do seu peto incluso» ademais de grandes doses de empeño, dedicación e moita ilusión por un traballo que redunda no coñecemento e a divulgación do patrimonio.
O titular de Cultura escolleu Doade para presentar o Plan Arqueolóxico da Xunta dotado este ano con 551.000 euros investidos en 32 xacementos en 30 concellos, algúns dos cales se levan a cabo ou xa foron executados en diferentes puntos das catro provincias. Unha desas intervencións foi no Castro de Doade. A Xunta aportou 18.000 euros que foron destinados a traballos de limpeza da vexetación, o levantamentos dos chans, a conservación e restauración da zona habitacional e a musealización deste enclave senlleiro que remata co estudo dos materiais arqueolóxicos recuperados.
Desas 32 intervencións, 4 están localizadas na provincia de Pontevedra. A de Lalín súmase un proxecto museográfico en elaboración para o xacemento Adro Vello no Grove, co deseño e montaxe dun aula interpretativa ao carón da praia do Carreiro. A esta súmanse reparacións no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro e unha campaña de investigación e revalorización no Castro de Pereiras, en Mos e que da continuidade a outras actuacións anteriores.
Na provincia de Lugo son dez repartidos en nove municipios. Entre elas está a execución en marcha da escavación consolidada do Monte Cido no Folgoso do Courel; o Corro dos mouros, en Adai; na Cova Eirós en Triacastela; no Castro de Vilalonga, en Castro de Rei; en Sober, no xacemento romano de Proendos, en Pantón, na Pastoriza, en Poboa de Brollón e en Quiroga. En A Coruña, o plan inclúe actuacións en sete concellos: Cedeira, Laracha, Zas, Noia, Boiro, Ribeira e Sobrado. Na provincia de Ourense con accións en dez localidades, a Xunta colabora cos concellos na recuperación da Cibdá de Armea, en Allariz e na posta en valor do antigo mosteiro de San Xoán de Camba, en Castro Caldelas, pendentes de comezar xunto coa revalorización de varios elementos da mámoa Veiga 1 de Maus Salas, en Muíños. Actuacións as que se sumaron outras en varios castelos da Limia, en Avión, Beariz, Boborás e Nogueira de Ramuín. Do plan forma parte intervencións en cámaras megalíticas, petróglifos, mámoas, castros e campamentos romanos, entre outras. Os investimentos se fixeron en 22 enclaves que non pertencen á Xunta, mentres que catro son de titularidade autonómica, outros catro se realizaron en convenio cos concellos e dous coas universidades.
Compromiso para continuar afondando no coñecemento
López Campos aproveitou para expresar o seu compromiso con investimentos en anos vindeiros de cara a afondar no coñecemento do noso patrimonio, así como na realización de campañas de sensibilización que fomenten o seu coidado. Dentro desa labor destacou a das asociacións e Concellos que como Casa do Padrón «con xente moi comprometida» e o Concello de Lalín. Blanco pola súa parte destacou os miles de nenos que pasan polo Castro, xunto cos alumnos de Arqueoloxía que participaron nas campañas do castro.