A estradense Uxía Seoane gaña o Certame Literario Terras de Chamoso

La Voz

DEZA

cedida

26 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A estradense Uxía Seoane Duro acaba de gañar o XVII Certame Literario Terras de Chamoso na categoría xuvenil polo poema Tradicións que soan. Uxía xa gañara este concurso convocado pola Asociación Arumes do Corgo hai dous anos, cando cursaba cuarto da ESO no IES Avelina Valladares. A moza, que agora cursa segundo de Bacharelato no IES Antón Losada, atesoura outros recoñecementos, como o II Certame Literario Xoán Díaz de Cambre na modalidade de poesía. Tamén foi seleccionada para a fase final do Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María.