16 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O programa de actos para conmemorar o centenario de Avelino Cachafeiro como mellor gaiteiro de Galicia que se desenvolveu durante todo o 2024 rematará hoxe cunha xornada especial en Santiago.
A xornada, que leva por título Redescubrindo a figura de Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo, está organizada polo Consello da Cultura Galega. Celebrarase no Pazo e Raxoi ás 17.00 horas, enmarcada na celebración do 75 cabodano de Castelao.
O programa desta xornada explorará o impacto cultural e musical de Cachafeiro e a súa conexión con Castelao. Rubén Troitiño abordará o legado de Cachafeiro e Siro López falará da presenza do gaiteiro nas viñetas de Castelao.