A banda da Loba presenta Lovismo este sábado con un concerto na Sala Capitol
A ESTRADA / LA VOZ
DEZA
![](https://img.lavdg.com/sc/ErzM7i258KvWyr_h32zzhzhsJBA=/480x/2025/01/28/00121738094761695314730/Foto/d_20250128_114451000.jpg)
29 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Faltan apenas uns días para descubrir como soan en directo os once temas que compoñen Lovismo, o novo disco de A banda da Loba. A cita será este sábado ás 21.30 horas na Sala Capitol de Santiago e as entradas pódense adquirir na web salacapitol.com.
O concerto de presentación de Lovismo promete ser unha auténtica festa na que non faltarán algúns dos artistas que colaboran no traballo: De Vacas, Tomé Mouriño (De Ninghures) e os músicos Adrián Real, Manu Doel, Lara Porto e Cristóbal Fernández.