La Fundación Neira Vilas convoca o décimo concurso Balbino de Relatos

R. R. LALÍN / LA VOZ

DEZA

14 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Neira Vilas abre a convocatoria para o que será a décima edición do Concurso Balbino de Relatos. Un certame que consolídase como un referente nos certames literarios galegos. Dende a fundación lembran que e foi xerme «da carreira de varios escritores actuais que deron os seus inicios con nós». É o caso dun dos primeiros gañadores, un xovencísimo Xian Lois Alcayde Dans, cunha incipiente carreira nas letras. Outros foron Ricardo Ferreiro, natural de Sevilla pero con raíces galegas o Carlos Neira que viu publicado o seu primeiro libro xa na xubilación, tras anos como escritor afeccionado.

O certame, de periodicidade anual, ten aberto o prazo de presentación dos orixinais ata o vindeiro 25 de xuño. A obra presentada poderá estar composta dun único relato ou de varios, pero sempre cunha extensión comprendida entre 100.000 e 200.000 caracteres, Os interesados en participar poden acceder as bases na paxina www.concursobalbino.com.

A persoa que resulte gañadora recibirá un premo de 1.500 euros e verá publicada a súa obra por Edicións Fervenza. A elección da obra gañadora correrá a cargo dun xurado profesional e o fallo darase a coñecer en setembro.