Silleda encherá de actos culturais e festivos o mes das Letras Galegas

Javier Benito
j. benito LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

A música tradicional, as corais, contacontos e Carlos Blanco, no programa

17 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Silleda encherá de actos culturais, talleres e iniciativas festivas o mes de maio con motivo das Letras Galegas, que este ano xiran en torno á figura das cantareiras. Máis dunha ducia de iniciativas compoñen o programa presentado onte, no que citas xa tradicionais promovidas por distintos colectivos do municipio co apoio do Concello, súmanse outras novas para poñer en valor o legado da música e a poesía popular.

No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, xunto á concelleira de Cultura, Mónica González, e membros dos distintos colectivos participantes. Haberá desde música ou talleres a arte, contacontos e humor. El calendario arrancará o día 3 de maio cunha nova edición da Mostra de Baile Tradicional Infantil de Xirandola. Nesta edición haberá una agrupación de Menorca como convidada a un festival que arrincará ás 18.30 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira.

O día 10 de maio a praza Siñor Afranio acollerá o espectáculo familiar Pelica de Burra. Trátase dun obradoiro de narración e música a través do programa FalaRedes da Xunta, que comezará ás 12.00 horas. E o luns 12 terá lugar a inauguración dunha nova edición de Dezarte, a mostra de artes plásticas que poderá visitarse no centro cultural Vista Alegre da Bandeira. Nese mesmo espazo o 16 comezará a súa Semana Cultura.

 O 14 do próximo mes haberá una xincana na que participará o alumnado do instituto Pintor Colmeiro, que xirará arredor do Camiño de Nós. Búscase rememorar a ruta a Compostela que realizaron en 1926 diversos intelectuais galegos da Xeración Nós e que pasaron polo municipio silledense. O propio Día das Letras Galegas, o 17, haberá edición especial del certame Xonga, promovido pola asociación Xirandola e o Concello. Durante toda a xornada na carballeira das Pedrosas se vivirá o espírito da tradición da música popular galega, ca participación de grupos da contorna.

 Monólogo de humor

O contacontos musical de Antón versará sobre Mulleres nas Letras  o día 21 na biblioteca municipal Daniel Castelao ás 18.00 horas. E o 23, ás 21.00 horas, chegará un dos pratos fortes do programa co monólogo A penúltima, a cargo do coñecido actor e humorista Carlos Blanco. Será no auditorio de Semana Verde. As entradas poden adquirirse en taquilla, no bar Pukará, cafetería Cuppedia e na casa consistorial a un prezo de 15 euros, que sube a 18 en taquilla.

 A música das corais do municipio de Silleda terá protagonismo en dúas xornadas xa habituais en maio. O sábado 24 será o certame Tardes de Primavera, que promove a Coral Polifónica Trasdeza. Comezará ás 20.00 horas no salón parroquial coa participación do Coro Vales Mahía, a Coral San Telmo de Tui e os anfitrións. Mentres, o 31 o mosteiro de Carboeiro acollerá o festival de Valés Mahía, onde estarán xunto a eles a Coral de Salcedo e a Polifónica Trasdeza. Nesa mesma xornada haberá unha aula aberta de pandeireta na praza Siñor Afranio ás 11.30 horas e musica tradición nas fontes e lavadoiros de Parada nunha nova edición da Rúa, desde as 17.00.

O 31 de maio pechárase o programa dando protagonismo ás cantareiras. Ás 11.30 horas o salón de actos da casa consistorial acollerá o obradoiro Sementando a recollida, que versará sobre patrimonio oral. De seguido será a entrega dos premios do segundo certame Presume de lingua, para poñer colofón un vermú musical con cantareiras.

A alcaldesa e a concelleira de Cultura destacaron onte o traballo e esforzo dos colectivos e agrupacións participantes na programación, contando con colaboración municipal. Incidiron de maneira especial na dedicación «de todas aquelas persoas do noso municipio que durante anos mantiveron e manteñen viva a tradición da música e o patrimonio oral de Galicia».