A Banda Municipal da Estrada, John Deeres e Loita Amada, finalistas nos Martín Códax

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

09 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Tres agrupacións musicales estradenses resultaron finalistas nos Premios Martín Códax da Música. A Banda de Música Municipal da Estrada é finalista na categoría de Bandas de Música, xunto coas agrupacións de Caldas de Reis e O Rosal, polo seu proyecto Carme, sempre túa. A peza que a fai finalista está escrita por Manuel Brey e composta por Simón Couceiro. É unha historia da emigración baseada nas cartas escritas pola bisavoa de Manuel Brey Villar no ano 1911. A obra foi representada polos artistas da Escola Municipal de Artes Escénicas (Emae) Silvia García, Abel Eiros e Mateo Pereira. 

Tamén son finalistas, na categoría de rock e punk, os grupos locais Loita Amada e os John Deeres.