Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras e Su Garrido na Estrada

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

30 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá ás 20.00 horas terá lugar na Praza do Concello o ciclo de concertos Orballo Cultural, que chega á Estrada coas actuacións de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Su Garrido. Trátase dunha actuación de balde que forma parte do programa Concertos do Xacobeo que impulsa a Xunta.

Deste xeito, A Estrada forma parte dun ciclo que se reproducirá noutras localidades como Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo.