Juan Andrés Fernández presenta o seu novo libro de relatos na Estrada

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

09 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro xoves 12 de xuño terá lugar no Mome da Estrada a presentación do novo libro de relatos do divulgador local, Juan Andrés Fernández Castro, Cabo do mundo, de Edicións Fervenza. Unha obra cuxo prólogo foi escrito por Juan Blanco Valdés, as ilustracións son de María Meijide Fraga e supervisión lingüística a cargo de Dina Moreiras Costoya. Na presentación efectuarán lecturas do libro Xosé Lueiro, Ángeles Madriñán e Alba Fernández, participando nunha mesa redonda autor e prologuista acompañados polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.