Marisé García: «Os nosos montes precisan máis ca nunca da implicación das mulleres»

Rocío García Martínez
rocío garcía A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Miguel Souto

La estradense ve urgente rescatar del olvido las tierras forestales

15 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

El abandono del monte gallego, que alimenta incendios y desaprovecha todo el potencial de estas tierras, es una de las obsesiones de Marisé García Hermida (A Estrada, 1959). Dinamizadora rural y gestora forestal desde el año 2000, esta vecina de Olives está convencida de que la mujer tiene mucho que decir en el sector.

«A muller traballou no sector forestal toda a vida. Eran elas as que ían buscar a leña ao monte ou preparaban o estrume para as cortes. Os homes non estaban na casa e elas sempre foron as mantedoras do monte, aínda que o seu traballo foi sempre invisible. Cando o home estaba na emigración, a muller encargábase de todo: dos vellos, dos nenos, da casa e das terras e os montes», recuerda Marisé García. «Ademáis deste protagonismo na conservación, a finais dos anos 90 e primeiros do 2000 a muller tamén tivo protagonismo na plantación. Un bo número das cuadrillas forestais que plantaron en agrupacións de propietarios forestais de particulares sen constituír formalmente estaban formadas por unha boa maioría de mulleres, aínda que o seu traballo non tivo repercusión mediática ningunha porque os titulares eran sempre de superficie plantada ou de subvencións recibidas», comenta Marisé García. «Eran tempos nos que se precisaban moitos peóns forestais que non había e as mulleres do rural galego, acostumadas a traballos duros da terra sen compensación económica, viron a oportunidade dun traballo remunerado e con cotización á Seguridade Social por conta allea. Moitas viviron diso ata a súa xubilación», recuerda la dinamizadora rural.

Visibilizar la profesión

Pero el panorama ha cambiado. «

Hoxe en día o traballo forestal non é un traballo que teña moito atractivo nin para homes nin para mulleres, igual que a maioría dos traballos no sector primario. Por iso é preciso visibilizar estas profesións que non só serven para a obtención duns ingresos económicos, senón que tamén axudan a fortalecer o noso rural, a nosa paisaxe e o noso medio ambiente natural

», comenta Marisé García.

«Os nosos montes precisan máis ca nunca da axuda e da implicación das mulleres. E dos homes tamén, pero as mulleres, que temos outra sensibilidade, deberiamos centrar máis o interese no monte. Hoxe non é coma antes. Non se trata de sachar no monte. Agora hai empresas que o fan todo. Trátase de participar máis na posta en valor do monte. De entender o valor do monte, de entusiamarse por opinar e de tomar decisións para aproveitar os terreos forestais», explica la dinamizadora rural.

Con esta meta la Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia (Amaruga) acaba de celebrar unas jornadas financiadas por la Consellería do Medio Rural bajo el título Mulleres forestais, plantamos futuro. «Hai moitas mulleres que, sendo propietarias de montes, non se senten con autoridade para tomar decisións sobre el ou para xestionalos, pero é necesario. O monte está totalmente abandonado e, sen os montes, non podemos vivir», cuenta la estradense.

«As xornadas non eran só para mulleres, aínda que estiveran un pouco enfocadas a elas, por iso eu busquei escenarios a onde tamén se sentiran cómodos acudindo os homes, para informar sobre as normativas de obrigado cumprimento, as axudas para poñer en valor o monte ou os trámites burocráticos. Tratábase de falar dos problemas do monte e de como solucionalos», explica.

Las jornadas tendrán nuevas ediciones para tratar de luchar contra el abandono del monte. «O gran mal do noso monte somos nós, os seres humanos e non só por telos abandonados. O concepto de monte é moi manipulable. Fálase, por exemplo, de deseucaliptizar. Non lle vexo sentido. Só hai que ter sentido común e saber onde se pode plantar e onde non», comenta la dinamizadora rural estradense.