18 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O IES Avelina Valladares da Estrada despediu onte o curso coa novena edición da súa Revista Viva Nós de Nós. O acto contou coa participación do actor e monologuista Fede Pérez, a cantante e regueifeira Alba María e o grupo de teatro dirixido por Cristina Andrade. No evento presentouse tamén a nova imaxe do IES, creada por Rosa de Cabanas lembrando a Avelina Valladares, e fíxose entrega do premio IES-G polo apoio e promoción do galego no comercio e na empresa a Exprés de Vea. Esta empresa, especializada no transporte de pasaxeiros, fai un uso normalizado da lingua galega en todos os servizos que ofrece, tanto no oral coma no escrito. foto miguel souto