19 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe ás 21.00 horas poderase gozar da ópera La Traviata de Giuseppe Verdi na Estrada. A obra emitirase nunha pantalla xigante na Porta do Sol. A iniciativa está impulsada polo Teatro Real de Madrid, e achegará ás rúas estradenses esta trama que relata unha historia de amor do século XIX, ambientada na cidade francesa de París.