O escritor Pedro Gil pecha a súa triloxía co libro «O Meu Caminho da Geira e Arrieiros»
DEZA

A triloxía literaria do portugués Pedro Gil Vasconcelos complétase co seu último libro publicado O Meu Caminho da Geira e Arrieiros-O Guia, despois de catro anos dende que esta historia comezou a coller forma co documental O Meu Caminho, e posteriormente con O Escritor de Epitáfios. Estes tres títulos son, explica o propio autor «tres unidades que se completan», e que conteñen no seu relato un denominador común: o Camiño de Santiago. No anterior libro descríbese o camiño primitivo, e neste último, o Camiño da Geira e Arrieiros.
Esta última publicación, trátase dunha guía na que relata a súa experiencia durante o camiño, mostrando as súas vivencias, relatando en cada capítulo unha etapa da ruta. Ao longo desta trama, Pedro Gil achega as actividades que se poden realizar en cada parte do sendeiro, cómo é a ruta, qué se pode comer, ónde se pode durmir, etcétera. A viaxe que centra esta historia comeza en Braga ata a capital galega, e exponse do mesmo xeito os lugares de interese destas dúas cidades.
O porqué desta temática que se repite en tódalas obras, é a paixón do autor polo Camiño de Santiago, que, afirma, realizou ao redor de quince veces por distintas rutas. «Siempre que estoy viajando hago un diario de jornada, y con todo lo que tengo de eso es sencillo para mí escribir sobre algo que me apasiona», explica el escritor. A decisión de escribir sobre o Camiño de Geira e Arrieiros nesta última ocasión, é pola preferencia de Pedro Gil por aqueles itinerarios máis salvaxes e tranquilos, nos que se encontra con menos xente durante o traxecto.
Un dos seus obxectivos con este libro, comenta, é que aqueles que o fagan se comporten adecuadamente durante o traxecto, ofrecendo pautas para que se realice o camiño dunha forma correcta, evitando actividades de risco e comportamentos que prexudiquen a flora e a fauna do lugar. «Es un momento en el que puedo estar conmigo y con mis pensamientos, y disfrutar de un tiempo de calidad», así define Pedro Gil o que significa para el o camiño e por qué escolleu esta temática para escribir.