
O partido iniciou unha campaña para frear a situación e modificar a reforma
29 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O goberno municipal de Silleda ten entre mans un proxecto de reforma da Avenida do Parque que conlevaría a tala de doce árbores neste céntrico espazo, ante o cal o BNG se opón, iniciando unha campaña en redes sociais para tratar de impedir isto. Este rexeitamento débese, en boa, medida a que esas árbores ofrecen sombra e frescor aos veciños que transitan por aí. A campaña arrincou cun vídeo nas plataformas dixitais do BNG no que se alertou acerca do impacto ambiental e económico que esta medida traería consigo para a vila.
A portavoz do BNG, Erea Rey, solicita ao goberno local que se reconsidere a tala, alegando que «non ten ningún sentido, nin ambiental nin económico, eliminar árbores que xa existen para plantar outras novas». Con esta negativa, o partido resalta a importancia de protexer as árbores, así como a importancia que estas teñen nos entornos urbanos para mitigar as illas de calor mellorar a calidade do aire, etcétera. Sosteñen que a eliminación destas árbores alimentaría o cambio climático e prexudicaría o benestar da cidadanía.
Por outra banda, denuncian o despilfarro económico que suporía esta operación. Segundo os datos dispoñibles, indican que o custo da tala ascendería a 1.000 euros, aos que se engaden 17.000 euros para a compra de novas árbores de baixo porte, ou incluso outros 10.000 para árbores de gran porte. «É incomprensible gastar máis de 28.000 euros en eliminar árbores vivas e consolidadas para substituílas por exemplares novas que tardarán anos en ofrecer os mesmos beneficios», sinalan. Con isto, o grupo reafirma o seu compromiso con Silleda e fai un chamamento ao pobo para que non se repita o ocorrido coa tala da carballeira da Praza da Feira Vella.