
15 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O venres 26 de setembro, poderase saír dende Lalín ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde se poderá ver «A Serie Clopen», unha produción do Centro Dramático Galego. O traxecto será en autobús e sairá dende a Praza do concello ás 15.45 horas. O prezo é de cinco euros e pódese reservar praza no teléfono 986787060.