14 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O empresario, promotor cultural e expresidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar Costoyas, foi agasallado por dito colectivo, que lle entregou a súa máxima distinción nunha cita celebrada no mosteiro de Carboeiro. Villar recibiu a Medalla de Ouro da asociación nun acto que comezou cunha misa e que contou coa participación de Cristina Collazo, Valentín García, Ángeles Rodríguez, Ramiro Varela e Paula Fernández. O gaiteiro Plácido Rozas pechou o acto cunha actuación musical. foto adrián freiría