A instalación sobre a Rapa de Sabucedo trunfa en Sevilla

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A experiencia cinematográfica inmersiva Fillos do Vento: a Rapa, que ten como protagonista a Rapa das Bestas de Sabucedo, presentouse este martes no Festival Europeo de Sevilla. Trala súa selección oficial no Festival de Cannes 2025 —na categoría Cannes Inmersive Competition— e do seu paso por Hot Docs (Canadá), o traballo do director galego Brais Revaldería inicia en Sevilla o seu percorrido por España. A instalación conxuga proxección en 270 º en 8K, son espacial e elementos sensoriais sincronizados.