«Escribiu 68 obras sobre a vila»

La Voz

A ESTRADA

25 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Xesús Palmou é un dos catro investigadores que traballou na biografía de Bouza Brey. Non o coñeceu persoalmente pero, como avogado e veciño, recolleu testemuñas directas dos que o trataron no seu día. «En A Estrada escribiu 68 obras, moitas sobre etnografía e cultura da comarca, e foi precisamente aquí, no ano 32, onde escribiu Nao senlleira, o seu poema máis coñecido», explica. Palmou lembra ademáis que, tras a súa marcha da vila, seguiu mantendo unha estreita relación con ela: «Fixo moitas pezas literarias como pregóns das festas patronais e no 1970 promoveu que se lle dedicaran as Letras Galegas a Marcial Valladares». Segundo o biógrafo, como xuíz, Bouza Brey tiña un grande sentido da xustiza, foi precursor do emprego do galego e aproveitaba as declaracións dos testigos para investigar no folclore e etnografía popular.