O Concurso de Micropoemas e Microrrelatos premia as creacións de 61 alumnos dos centros estradenses
A ESTRADA

Todas as composicións escollidas serán publicadas nun libro que se lle entregará aos gañadores nun acto previsto para xuño
12 mar 2025 . Actualizado a las 20:20 h.O xurado da duodécima edición do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos vén de fallar o certame, no que resultaron premiados 61 alumnos de distintas etapas de todos os centros educativos da Estrada.
No concurso, convocado polos equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros, agrupados no colectivo Dinamizaestrada, participaron centos de traballos, o que fixo precisa unha preselección por centros, resultando 200 traballos finalistas.
Os micropoemas tiñan que incluír a palabra pobo e os microrrelatos a palabra pandeireta, para render tributo ás cantareiras e á música e cancións de tradición popular, ás que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Os gañadores no concurso de micropoemas foron os seguintes: na categoría A1 (primeiro e segundo de Primaria) Fátima González Pintos, Arancha Filgueira Calviño, Lola Fragoso Riveira, Xiana Pereiras Vila, Valeria Castillo Lema, Alma Gómez García e Vega Barreiro Piñeiro; na categoría A2 (terceiro e cuarto de Primaria) Axel Piso Antelo, Erea Aller Otero, David Chicharro Carbia, Erea Bernárdez González, Triana Mogo Figueiras, Mariña González Neira e Emma Vigo Varela; na categoría A3 (quinto e sexto de Primaria) Mateo Álvarez Figueiras, Irati Torres Gañete, Manuel Valencia Alonso, Sarai Couto Lareu, Udane del Amo Sánchez, Alejandro García Míguez e Sabela Temes Diéguez; na categoría B1 (primeiro e segundo de Secundaria) Sofía Sánchez Amorim, Nora Diéguez López, Carolina Pedreira Brea e Hans Nicholas Peñaranda Gómez; na categoría B2 (terceiro e cuarto de Secundaria, FPB e ciclos medios de FP) Damián Castro Riveiro, Noa Cajaraville Cimadevila, Alejandra Isla Cao e Álvaro Fuentes Deidda e na categoría C (Bacharelato e ciclos superiores) Paula López Coto e Aelaida Vilariño Gómez.
No que se refiere aos microrrelatos, os gañadores foron Malena de la Calle Chao, Alejandro Fernández González, Emilio Pazos Couceiro, Allegra Vázquez Fernández, Martiño Goldar Gómez, Antía Iglesias Louzao e Lucía Fuentes Seoane na categoría A1; Rosalía Santomés Lis, Sofía Rivadabia Villanueva, Estela García Matos, Xoel Bernárdez González, Rubén Montoto Couto, Julia Simal Adrover e Valentina Otero Riesco na categoría A2; Nico García Chao, Irene Iglesias Sánchez, Sarai Couto Lareu, Camila Cañedo Sande, Alexandra Roxana Constantin e Laura Calvelo Torres na sección A3; Lucía Pose Neira, Manuela Porto Gómez, Julia Blanco Silva e Lidia Márquez Méndez na categoría B1; Carlos Martínez Fuentes, Marta Correa Iglesias, Carlota Vilas Rosende e Sarela Picallo Pisos na categoría B2 e Aliena Horrea Matos e Uxía Seoane Duro na categoría C.
Todos as composicións premiadas publicaranse nun libro conxunto que recibirán os gañadores na entrega de premios, a principios do mes de xuño.