05 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Este domingo celebrase en Agolada un espectáculo de monicreques dentro do programa +Escénicas da Deputación. Unha actuación destinada a público infantil que arrincará ás 18.00 horas nos Pendellos. A compañía Seisdedos Marionetas Tradicionais porá en escena O galo Quirico e os seus amigos, con música en directo do acordeonista Carlos Quintá. A entrada é libre.