Xornadas de Homenaxe a Ricardo Portela en Cerdedo-Cotobade

CERDEDO

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras un ano sen celebrarse, Os Abrentes de Cerdedo retoman este sábado as Xornadas de Homenaxe a Ricardo Portela coa vontade de consolidar un novo modelo organizativo: cada ano, unha agrupación musical do Concello de Cerdedo-Cotobade asumirá a responsabilidade de coordinar o memorial, que se desenvolverá nesta ocasión dende as 10.30 horas.

A programación é a seguinte:

Programa da mañá en Viascón, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e centrada no toque pechado:

• 10:30 h ? Apertura e benvida das Xornadas DC-35

• 10:35 h ? Charla-concerto “O toque pechado na Península Ibérica”, con Pablo Carpinteiro

• 11:45 h ? Descanso

• 12:15 h ? Achega ao estilo interpretativo do toque pechado de Ricardo Portela, con Miguel Fraguas e Juan Iglesias

• 12:30 h ? Obradoiro de iniciación ao toque pechado (Parte I), con Miguel Fraguas

• 14:00 h ? Xantar

• 16:00 h ? Obradoiro de iniciación ao toque pechado (Parte II), con Miguel Fraguas

Festival da tarde en Cerdedo, con todas as agrupacións tradicionais do concello. Ás 20 h, o Centro Cultural de Cerdedo acollerá o Festival Tradicional de Homenaxe a Ricardo Portela, presentado por Malores Villanueva. Participarán todas as agrupacións musicais tradicionais do concello: Os Trazantes de Tenorio, Os Afoutes do Canón do Pau, Foula, As Pandereteiras do Val de Quireza, Os Abrentes de Cerdedo, Banda de Música Unión Musical de Tenorio e Banda de Música de Cerdedo.

A partir das 22 h, no local multiusos situado ao carón do pavillón municipal de Cerdedo celebrarase a Gran Cea Popular, con menú de churrasco, patacas, criollo, auga e viño a 15 euros por persoa. Ás 23:30 h terá lugar un serán aberto, no que poderá participar calquera agrupación ou músico que desexe achegarse. Durante a cea e o serán haberá servizo de barra, e a festa pecharase con DJ ata fin de festa.