Carne ao caldeiro e torresmos en Dozón e Año en Loimil «a fartar»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DOZÓN

Cedida

Centos de persoas acudiron a estas festas gastronómicas

02 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Sol, unha boa temperatura, comida «a fartar» e boa música para animar. Foron os ingredientes da edición número 29 da Festa da Carne ao Caldeiro e a Bola de Torresmos de Dozón e a número 23 da do Año ao Espeto de Loimil, na Estrada. Na primeira o concello repartiu de xeito gratuíto, desde pouco despois das 13.00 horas, 300 quilos de torresmos feitos ás brasas por un entregado equipo de parrilleiros. Á comida na Gouxa asistiron unhas catrocentas persoas.

Desde o Concello, contaba o alcalde, Adolfo Campos Vázquez, estase a tramitar o expediente para conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Para iso, a pretensión é ampliar as actividades festivas dunha xornada que onte contou cunha pequena feira de artesanía con unha media ducia de postos e a actuación do grupo Leirabuxo, patrocinado pola Deputación de Pontevedra.

En Loimil, más de 300 persoas deron conta dun abundante menú a base de empanada, polbo, carneiro, rosquillas e bebidas. A comisión de festas, organizadora do evento, apuntaba onte que a xente quedou contenta e puido comer todo o que quixo. A celebración, pregoada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que gabou a comida «é fixo algúns chistes» apuntaban os organizadores, estivo amenizada polo dúo Arcoíris.

Pola mañá houbo unha misa ás 13.00 horas e a bendición dos campos, así como un concerto a cargo do grupo de gaiteiros Os Ke Hai xunto co pregón.