
Olalla Garra, premio Mulleres en Movemento
06 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ilustradora, deseñadora, tatuadora... A polifacética artista lalinense, Olalla Garra, recibiu o premio Mulleres en Movemento pola súa inquietude e a paixón nos seus proxectos. O último, un de deseño e confección de complementos que está a ter un enorme éxito. Nada estraño se observamos o seu currículo. Graduada en Deseño de Moda na Mestre Mateo, é asidua a obradoiros e desfiles, obtendo a Carta de Artesá. Tamén realiza ilustracións en libros e carteis, ademais de outras iniciativas como o deseño das orixinais paradas de taxi de Lalín.
«No me lo esperaba, estaba tan contenta que hasta salté y todo», comenta entusiasmada. «Me hizo mucha ilusión, nadie es profeta en su tierra, pero aquí estoy muy contenta», confesa. Olalla defende o valor do emprendemento no mundo artístico, demandando que se valore como é debido o seu traballo. «Es complicado, sobretodo a la hora de pintar. La gente no valora el trabajo, me ha pasado que al encargarme una ilustración, pida precio y me digan que no. En ferias de artesanía también me pasaba, la gente no valoraba mi trabajo, decían que les salía más barato en el chino», asegura.
O seu espírito inquedo salta á vista e ela mesmo o defende. De feito, esas gañas de aprender e probar sorte no que lle apaixona son a chave do seu éxito. «Necesito estar todo el rato haciendo cosas, sino es pintar, es coser», afirma.