O artista Manuel Cerviño presenta libro e expón pinturas no Café de Mili, en Lalín
LALÍN / LA VOZ
LALÍN

07 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Baixo o título de Mix-Turas, o artista Manuel Cerviño García (Bueu, 1967) inaugura hoxe, ás 19.30 horas, no Café de Mili en Lalín unha mostra pictórica que se poderá visitar ata o vindeiro 4 de abril. A apertura da exposición de pintura, cunha ducia de cadros que se mostran ao público, coincidirá coa presentación tamén da publicación do seu traballo, Tú, mi gran obra.
Cerviño García ten ás costas exposicións colgadas por toda Galicia, desde a súa vila natal de Bueu ata o Liceo Casino de Pontevedra ou a Sala Nauta de Sanxenxo. Na actualidade traballa no xardín botánico de Lourizán despois de iniciarse como debuxante durante os anos en que estivo nas illas de Ons, para posteriormente abrazar a pintura realista.