A Asociación de Veciños Pena Aguda de Lalín celebrará o San Xoán os días 21 e 23 de xuño

La Voz LALÍN /LA VOZ

LALÍN

13 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Para satisfacer aos que apostaban por celebrar o San Xoán o día 21, e aos que se decataban por facelo o 23, a directiva da Asociación de Veciños Pena Aguda de Lalín tomou unha decisión salomónica: realizalo ambas xornadas. A primeira estará aberta ao público en xeral, e o 23 só para socios e convivintes, pero para ambas o prazo de anotación xa está aberto e rematará o próximo 1 de xuño.

«A enquisa que fixemos entre os asociados para coñecer as súas preferencias de datas foi dun 50/50 así que, como non queremos baixar o listón despois do éxito do ano pasado, apostamos por facela dous días e xa temos todo en marcha», confirmou o presidente do colectivo, Antonio Lamas.

O programa previsto para o 21, ao que se prevé asistan más de 500 persoas, arrincará con sesión vermú, xantar con empanada, chourizos, churrasco e postre cuxo prezo será de 25 euros para maiores de 10 anos, os asistentes de entre 5 e 10 anos pagarán 15 euros, e os menores de 5 xantarán de balde. Á tarde haberá xogos populares e actuacións do grupo Mecánica e dun dj. Para a festa do 23 as unidades familiares de Pena Aguda farán aportacións gastronómicas, «como fixemos na primeira edición do San Xoán que se nos desbordou», lembrou Lamas que preside un colectivo con 80 unidades familiares asociadas.