Poemas nos parabrisas dos coches en Lalín polas Letras Galegas

La Voz

LALÍN

Cedida

20 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O equipo de dinamización lingüística e a biblioteca do instituto Ramón María Aller de Lalín promoveu onte unha iniciativa con motivo das Letras Galegas. Alumnos do centro distribuíron poemas de distintas escritoras galegas en vistosos papeis de cores polos parabrisas dos vehículos aparcados nas rúas da capital de Deza.